Piskel

 Piskel

Estes días estivemos traballando cun novo programa chamado Piskel, é un programa moi doado de usar e está ao alcance de calquera, é fácil de usar e é divertido, grazas a el pódense crear debuxos a varias escalas e cores.


O primeiro traballo que fixen foi unha representación de píxel de punto 28x28, grazas á facilidade do programa e ao ben indicados que estaban os seus compoñentes, puiden creala en menos de 45 minutos utilizando unha escala cromática de volumes similares.

O segundo traballo foi máis complicado e laborioso, creamos un patrón de cores e formas variadas pero mantendo unha orde, para comezar inventei un deseño algo complicado (a gusto de cada un) e moldeino cadrado por cadrado nun tamaño pequeno de 128x128. escollendo e colocando coidadosamente cada píxel, unha vez teñas a forma do patrón orixinal só terás que copialo e pegalo no resto da pantalla grazas a unha función que atoparemos no lado esquerdo da pantalla do ordenador, debido á dificultade que tardei máis de 45 minutos en completalo.

O terceiro e último traballo foi un gif animado do noso nome, alternando fondos de cores diferentes con cada letra do teu nome, cambiando así as cores constantemente para que non se repitan.Este traballo só levoume 10 minutos.






Comentarios

Entradas populares